Bitácora de brenlla

Anticiparse a lo inevitable

Las tendencias lo están confirmando insistentemente y la regla natural ha cumplirse: "quien se anticipe tendrá ventajas competitivas, quien lo haga 'a tiempo' permanecerá prácticamente inmóvil y quien demore ya pode ir pensando en su propia defunción".

Adaptarse debe ser una inquietud constante. Y sobre adaptaciones creo que nada mejor que un buen ejemplo: en la evolución de las especies comprobamos que los delfines dejaron los mares para sobrevivir en tierra y luego regresaron a su origen, al mar, donde hoy los vemos, adaptándose siempre que fue necesario.

Sector galego das TIC reunido coa SXMIT

Onte (martes 12 de xaneiro de 2010) a SXMIT (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica) reuníu na Xunta a todo o sector empresarial TIC galego representado por INEO, AGESTIC, EGANET, AETIC, ASIMELEC e AGASOL.

Un resumo do alí acontecido e mailas opinións das respectivas asociacións está dispoñible nesta ligazón.

Firefox 3.5, o máis usado do mundo

Segundo StatCounter Global Statistics o navegador libre da Fundación Mozilla Firefox 3.5 está á cabeza no mundo en canto á popularidade maila ter preto ao IE 8 medrando ao tempo que o fai Windows 7.

No pasado verán o liderado do Firefox 3.5 en Europa anticipaba o que xa é unha realidade a escala mundial. Hoxe ese domino é máis evidente.

Se é que non hai mal que cen anos dure!

Fonte.

Curso Creación Dixital en 3D con Blender

Se es estudante ou profesional e queres aprender a empregar Blender, a ferramenta libre de deseño profesional 3D, sexa para o teu desenvolvemento persoal ou laboral, tes a oportunidade de facelo grazas ao curso do CNTG "Creación Dixital en 3D con Blender".

Podes baixar o PDF cos datos do curso e inscribirte aquí ata o 6 de xaneiro de 2010.

Educación, drogas e negocios

Hai un par de dias sóubose do acordo directo acadado polo Ministerio de Educación e maila norteamericana Microsoft pola cal a multinacional ofertaba o seu software para ser incluído nos computadores do proxecto Escola 2.0. A oferta económica supón un desconto de preto do 90% sobre o valor de mercado. Legal?

As reaccións comezaron a xurdir inmediatamente. O presidente de Hispalinux deu o seu parecer nese mesmo medio, ASOLIF publicou unha Carta Aberta, etc. E, entre medias, fun entrevistado polo Xornal.com como representante de AGASOL e de ASOLIF.

Contextualizo a comparación coas drogas.

ASOLIF: Carta abierta al Ministro de Educación

Carta abierta al Ministro de Educación, D. Ángel Gabilondo Pujol

Sr. Ministro de Educación

 

Ante la firma el pasado jueves 10 de diciembre del acuerdo entre la multinacional de software Microsoft y el Ministerio que usted dirige, a través de la Sra. Eva Almunia, Secretaria de Estado de Educación y Formación Profesional, la Federación nacional de empresas de Software Libre (ASOLIF) quiere comentar lo siguiente:

Visión artificial - Visão computacional

O amigo Alessandro de Oliveira Faria (Cabelo) envía este novo artigo sobre visión artificial - visão computacional. A visión artificial emprégase en proxectos de Biometría, realidade aumentada e robótica para recoñecer patróns e procesar imaxes en tempo real.

O seu artigo está incluído na revista Linux Magazine Brasil do mes de decembro e dispoñible neste PDF.

Linux en (case) o 90% dos top500 supercomputadores

"Linux" rabuña outros tres supercomputadores máis ao resto de sistemas desde o pasado semestre, elevando a súa cifra total a 446, o cal supón o  89,20 % na lista top500.org agrupados por familia de sistemas operativos (Operating System Family).

Na súa evolución histórica atopamos "Linux" entrando nesta lista no primeiro semestre de 1998, tan só sete anos despois do anuncio na rede feita por un estudante finés nomeado Linus Torvalds.

Panel Dual en Nautilus

Unha das funcionalidades que máis botaba en falta no navegador e ficheiros de Gnome, Nautilus, era ter un panel dual. En Ubuntu Jaunty isto xa era posible e agora fíxeno para Karmic.

Abre un terminal e copia e pega estes comandos cos cales activarás o repositorio de Holger Berndt (autor desta funcionalidade):

sudo add-apt-repository  ppa:berndth/ppa
sudo apt-get update
sudo apt-get install libnautilus-extension1 nautilus-data nautilus
killall nautilus && nautilus &

Feito isto xa podes activar o teu dobre panel premendo F3 ou indo ao menú Visualizar e activar Extra Pane.

Fonte.

Chromium OS, valoracións

Non é este un artigo sobre valoracións técnicas senón sobre as moitas e variadas cuestións ao redor do proxecto de código aberto avalado polo xigante de internet Google, o Chromium OS.

Distribuir contenido