Chile usa Sw Libre no seu desastre

Igual co comentado en AGNIX.org polo amigo eniac referido ao terremoto de Haití, agora Chile volve a empregar Sw Libre para controlar o desastre causado polo seu aínda maior tremor.

Sahana é un SwL que foi deseñado despois de que un tsunami devastara Sri Lanka. Este software posteriormente foi utilizado no terremoto de Caxemira en Paquistán e hoxe está a axudar a Haití e a Chile (Sahana Chile).

Sahana ten unha serie de módulos que permiten facer un mapeo xeoreferenciado do desastre, rexistrar as persoas desaparecidas e as atopadas, levar o control das doazóns e víveres, localizar nun mapa as rutas, hospitais, lugares de abastecemento, etc.

Máis información na fonte.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Comentarios

Home... o titular produce confusion. :-)

... Parece que a culpa do desastre a ten o feito de que usen S.L. :-m

Para que signifique o que dis

Para que signifique o que dis creo que o titular debería trocar para algo así como "Chile usa Sw Libre PARA seu desastre".

Entendo que o titular que puxen é moi breve (é o que se aconsella facer no caso de titulares) pero ter posto Chile usa Sw Libre NO seu desastre da para entender que o desastre pasou.

En todo caso, ok, esterei aínda máis atento á hora de pór titulares :-)

saúdos