2009

Linux en (case) o 90% dos top500 supercomputadores

"Linux" rabuña outros tres supercomputadores máis ao resto de sistemas desde o pasado semestre, elevando a súa cifra total a 446, o cal supón o  89,20 % na lista top500.org agrupados por familia de sistemas operativos (Operating System Family).

Na súa evolución histórica atopamos "Linux" entrando nesta lista no primeiro semestre de 1998, tan só sete anos despois do anuncio na rede feita por un estudante finés nomeado Linus Torvalds.

Presentada a V Conferencia Internacional de Sw Libre

Vén de presentarse o programa da "V Conferencia Internacional de Software Libre" que acontecerá en Cáceres do 1 ao 3 de decembro de 2009.

Haberá unha atención especial nas solucións para o sector empresarial nun momento no que as tecnoloxías abertas son unha clara oportunidade. CENATIC participa como promotor desta Conferencia Internacional de Software Libre, cuxo lema para este ano é "Novas Contornos, Novas Oportunidades".

Miguel Xaque, director xerente de CENATIC considerou moi acertado "mostrar a través da Conferencia que o software de fontes abertas é unha oportunidade de negocio para a empresa".

Nos tres días do V CISL terase dez paneis de expertos, catro obradoiros e titoriais e outras tantas sesións plenarias nas que participarán máis de sesenta relatores. 

Fonte: comunicado por CENATIC

Distribuir contenido