TEGNIX xa é LPI ATP, acrónimo de Linux Professional Institute Approved Training Partner. Como Centro Oficial Asociado impartiremos cada un dos niveis formativos da LPI para que o alumnado poida acadar as súas diferentes certificacións profesionais.
LPI Inc constitúese formalmente como unha organización sen ánimo de lucro en outubro de 1999. LPI é recoñecida en todo o mundo como a primeira organización certificadora, ata o punto que varias empresas especializadas en Software Libre e Código Aberto basean as súas correspondentes certificacións nas que ofrece a LPI.