OpenOffice.org

Todo lo relacionado con OpenOffice.org

Recuperar ttf-bitstream-vera

Chamoume a atención que na Ubuntu 9.10 Karmic non houbera a fonte Bitstream Vera, precisamente a que empregaba como predeterminada no OpenOffice.org. Ao parecer o conxunto de fontes DejaVu están baseadas nas Bitstream polo que foi a substitución elexida en Ubuntu.

OpenOffice.org

TEGNIX vén de traducir diversos capítulos do manual de OpenOffice.org Guía de Iniciación de OOo-Authors como parte do curso sobre esta suite ofimática que impartíu no CIS Galicia. Ademais desta adaptación ao galego a empresa engadíu textos explicativos e vídeos didácticos. O material traducido é unha selección que permite realizar cursos básicos sobre as aplicacións máis populares como Writer, Calc, Base ou Impress. Estes materiais ofrécense á comunidade con licenza Creative Commons 2.5 Recoñecemento. Pódese acceder a eles na páxina da Guía de Iniciación a OpenOffice.org.

Distribuir contenido