SwL

Chile usa Sw Libre no seu desastre

Igual co comentado en AGNIX.org polo amigo eniac referido ao terremoto de Haití, agora Chile volve a empregar Sw Libre para controlar o desastre causado polo seu aínda maior tremor.

Anticiparse a lo inevitable

Las tendencias lo están confirmando insistentemente y la regla natural ha cumplirse: "quien se anticipe tendrá ventajas competitivas, quien lo haga 'a tiempo' permanecerá prácticamente inmóvil y quien demore ya pode ir pensando en su propia defunción".

Adaptarse debe ser una inquietud constante. Y sobre adaptaciones creo que nada mejor que un buen ejemplo: en la evolución de las especies comprobamos que los delfines dejaron los mares para sobrevivir en tierra y luego regresaron a su origen, al mar, donde hoy los vemos, adaptándose siempre que fue necesario.

Sector galego das TIC reunido coa SXMIT

Onte (martes 12 de xaneiro de 2010) a SXMIT (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica) reuníu na Xunta a todo o sector empresarial TIC galego representado por INEO, AGESTIC, EGANET, AETIC, ASIMELEC e AGASOL.

Un resumo do alí acontecido e mailas opinións das respectivas asociacións está dispoñible nesta ligazón.

OpenPYME, portal de solucións empresariais

Durante o pasado II Encontro ASOLIF presentouse un portal desenvolvido pola Universidade da Laguna (Canarias) cunha completa listaxe de aplicacións empresariais, cada unha delas avaliada tecnicamente pola Universidade.

Á vez, a información reflictida é "auto-actualizable", sexa polas propias persoas responsables de cada un dos proxectos, é dicir, en orixe, ou de xeito automático para que os datos e mailos binarios dispoñibles sexan sempre os últimos publicados e estables.

A inicitiva leva o nome de OpenPYME.

Presentada a V Conferencia Internacional de Sw Libre

Vén de presentarse o programa da "V Conferencia Internacional de Software Libre" que acontecerá en Cáceres do 1 ao 3 de decembro de 2009.

Haberá unha atención especial nas solucións para o sector empresarial nun momento no que as tecnoloxías abertas son unha clara oportunidade. CENATIC participa como promotor desta Conferencia Internacional de Software Libre, cuxo lema para este ano é "Novas Contornos, Novas Oportunidades".

Miguel Xaque, director xerente de CENATIC considerou moi acertado "mostrar a través da Conferencia que o software de fontes abertas é unha oportunidade de negocio para a empresa".

Nos tres días do V CISL terase dez paneis de expertos, catro obradoiros e titoriais e outras tantas sesións plenarias nas que participarán máis de sesenta relatores. 

Fonte: comunicado por CENATIC

Xornadas "Encontro de Software Libre en 5 áreas"

A asociación de empresarios discapacitados (AED) organiza o Encontro de software libre en 5 áreas que terá lugar dende hoxe, luns 2 de novembro, ata o vindeiro venres 6 de novembro, no Hotel Attica 21 sito en Matogrande, A Coruña.

Mañá tócame dar a que ma titularon "7 bos consellos para triunfar no cambio ao software libre".  A verdade é que adecueime a esa cifra (por que sete?) polo que penso que pode sair algo interesante, claro está, con moitas explicacións e salvedades entre medias.

As distintas áreas nas que se exporán diversos aspectos do software libre son:

  • Comunidade - luns 2 de novembro
  • Educación - martes 3 de novembro
  • Empresa - mércores 4 de novembro
  • Estado - xoves 5 de novembro
  • Arte - venres 6 de novembro

Podes ollar máis polo miúdo o resto do programa en mancomun.org.

Xornadas "Experiencias e Negocios en Sw Libre"

Os dias 29 e 30 de outubro no Hotel Attica 21 (localización), en Matogrande (Coruña) hanse celebrar as xornadas "Experiencias e Negocios en Sw Libre" organizado por Fundefo e co apoio da Secretaría de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Plan Avanza e mailo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

A entrada é de balde.

Tes máis informacións nos adxuntos.

Distribuir contenido