Administración de Sistemas

13.- Introdución á liña de comandos en GNU/Linux (20 horas)

Introdución

A maior potencialidade dos sistemas operativos tipo UNIX atópase nas ferramentas que o usuario ten ao seu dispor, dun xeito libre e nas máis das ocasións, de balde. Moitas destas ferramentas presentan interfaces de usuario “amigables” desde o escritorio, pero moitas máis son as que só se poden empregar desde a liña de ordes, o intérprete de comandos estándar nos sistemas operativos desde os seus primeiros tempos. A posibilidade e a capacidade de agrupar tarefas repetitivas, o ordenamento do sistema de arquivos, ou as diferentes fontes de información dispoñibles son algunhas das materias a tratar neste curso. Faise unha presentación inicial das linguaxes de guións máis afamados e tamén se estudan de forma breve as expresións regulares e a sua potencialidade.

Destinatarios

Usuarios de Escritorio que precisen entrar en contacto coa liña de ordes e administradores de sistemas.

14.- LPIC 1 - Certificación Profesional Junior (64 horas)

LPIC 1 logoIntrodución

A LPIC 1 ou “Linux Professional Institute Certification 1” é coñecida como a Certificación Profesional Junior en GNU/Linux.

Destinatarios

Profesionais que desexan administrar sistemas GNU/Linux garantindo os seus coñecementos co certificado oficial LPI (opcional). Para isto último cómpre aprobar dous exames (101 e 102) dispoñibles en inglés e castelán.

Coñecementos previos

Superar un sinxelo cuestionario técnico inicial. Considérase adecuado un mínimo coñecemento de inglés técnico.

15.- LPIC 2 - Certificación Profesional Avanzada (48 horas)

LPIC 2 logoIntrodución

A LPIC 2 ou “Linux Professional Institute Certification 2” é coñecida como a Certificación Profesional Avanzada en GNU/Linux.

Destinatarios

Persoas certificadas LPIC 1 que desexan ampliar a súa cualificación profesional en GNU/Linux garantindo os seus coñecementos co certificado oficial LPI (opcional). Para isto último cómpre aprobar dous exames (201 e 202) dispoñibles en inglés e castelán.

Coñecementos previos

Nivel de coñecemento equivalente a LPIC-1, sendo isto imprescindible no caso de desexar a certificación LPIC-2.

16.- LPIC 3 - Certificación Profesional Senior e especialista en Linux (120 horas)

LPIC 3 logoIntrodución

A LPIC 3 ou “Linux Professional Institute Certification 3” é coñecida como a Certificación Profesional Senior e especialista en GNU/Linux.

Destinatarios

Persoas certificadas LPIC 2 que desexan ampliar a súa cualificación profesional en GNU/Linux garantindo os seus coñecementos co certificado oficial LPI (opcional). Para isto último cómpre aprobar dous exames, o 301 “Core” e algún dos exames de especialización 302-306.

Coñecementos previos

Nivel de coñecemento equivalente a LPIC-2, sendo isto imprescindible no caso de desexar a certificación LPIC-3 con especialización.

17.- Escritorios lixeiros (20 horas)

Introdución

En determinados contornos é preciso empregar un escritorio extremadamente lixeiro para poder facer fronte a necesidades de optimización de recursos, tanto na distribución de contornos con medios limitados como na capacidade de procesamento nos sistemas clientes. Nestes casos, os escritorios habituais, tanto GNOME como KDE, amósanse incapaces de dar unha solución, pero temos outras alternativas, como XFCE. Neste curso abórdase a problemática dos escenarios de recursos limitados, centrado nun soporte de execución en RAM como os CDs vivos e tamén nun equipo antigo, con pouca memoria. Despois dunha primeira parte adicada ao emprego de ferramentas integradas no escritorio, éntrase nun apartado máis técnico centrado nas posibilidades de personalización do contorno para a sua adaptación ás necesidades do proxecto.