blogue de brenlla

Probas de nivel para cursos Android CRF ASOLIF

Para comprobar como serán as probas de nivel onde o CRF confirmará que se posúen os coñecementos adecuados para acceder aos distintos niveis (Esencial e Profesional), realice este cuestionario.

Por suposto, fágao con franqueza, sen consultas externas e no menor  prazo de tiempo que poda.

Agarde un tiempo ata que o CRF lle resposte coa calificación obtida.

Ficha do curso y oferta para matriculacións con Tegnix.

Cursos Android Esencial e Profesional - CRF ASOLIF

O Centro de Referencia de Formación (CRF) da Federación de Empresas de Software Libre ASOLIF produce cursos de alta calidade e contido práctico extraído do mundo real, “de profesional a profesional”.CRF

HackMeeting 2011 - A Coruña

Os Encontros Anuais de Hacktivistas deron comezo en Florencia en 1998 e nesta ocasión o turno é d'A Coruña. 

Anímate a facer propostas pois todas elas serán evaluadas por autoxestión. Participa, divulga!

Datas: 21, 22 e 23 de outubro de 2011 (A Coruña).

Más información en: http://sindominio.net/hackmeeting

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Curso preparatorio para Certificación Profesional Linux LPIC-1

Tegnix abre a convocatoria dun novo "Curso preparatorio para Certificación Profesional Linux LPIC-1" na modalidade Teleformación, é dicir, online con titorías. atp150px_small.jpg

O curso dará comezo o 26 de setembro de 2011 e está bonificado íntegramente pola Fundación Tripartita.

Prezo, instrucións, temario e demais detalles están na Ficha do Curso así como a resolución de dúbidas por correo-e.

Tegnix é centro oficial LPI ATP, acrónimo de “Linux Professional Institute Approved Training Partner”.

Baleas, golfiños... e Software Libre

Probablemente a abafadora maioría estaremos de acordo coas actividades de Greenpeace na defensa das baleas, golfiños e a natureza en xeral. Admiramos a súa valentía e adicación porque, a pesar de beneficiarse toda a Humanidade, non todos facemos o mesmo: loitar pola defensa do ben común con tanta enerxía.

Evidentemente a outro nivel, pero igualmente en beneficio da Humanidade, é a enérxica defensa que facemos do Software Libre.

Para algunhas persoas é difícil comprender a intensidade e insistencia da nosa defensa. Difícil tamén é entender como unha lancha enfróntase a enormes barcos baleeiros.

Redes sociais, Sw privativo... un debate calquera

Esta é unha réplica dun construtivo debate que mantiven onte con +Fran Diéguez no meu perfil de Google+ a raíz da versión en galego do post Non uso Android senón LeeDroiD. Neste debate tamén entraron +Carlos Ces e +Tonio Castro.

Fran: O concepto de LibreAndroid xa existe e é precisamente no que se basean case tódalas ROM. O proxecto chámase AOSP (Android Open Source Project) mantido pola Google.

Non uso Android senón LeeDroiD

Un día deume por probar unha derivación de Android. Tiven que rootear o meu teléfono para descubrir novas versións derivadas: Cyanogen(mod), Pinky Desire, NeoPhyTe, AuraxTSense, CoolAceS, CoolSagaS, MIUIEs e agora un LeeDroid.

Non me pidas que che diga cal me gusta máis porque case seguro que direi que a actual. Non quero entrar en se unha é un chisco de décimas máis rápida ou que permite tal ou cal funcionalidade. E que máis dá! O que importa é que temos coñecemento aberto, compartido, libre... ao que logo lle agregamos capas de aplicacións, lamentablemente pechadas a maioría.

 

E agora nos preocupa a privacidade?

Si, preocúpanos a privacidade, a exposición de datos persoais, localización, costumes, pegadas na rede... Somos espiados!

Descúlpame. Criticarei severamente a quen agora se preocupa pola súa privacidade e a quen baixa a garda na defensa do Sofware Libre (SwL). Polo tanto, as críticas tamén me afectan.

A preocupación máis que xustificada pola nosa privacidade está comezando a elevar as consciencias do cúmulo de perigos que hai na Rede e dos inxentes beneficios que xeran a axentes intermedios. Cada vez somos máis os que presumimos de consciencia, sabemos que somos espiados. Con todo dixen literalmente 'comezando' porque aínda non é maioritaria esta preocupación, tan só brotou.

FB ou Google+? Cuestión de estilos

Anhelaba fuxir de FB e de momento só vou deixalo baixo mínimos. Voume porque estiven sempre moi desgustado co nulo control que tiña sobre os meus datos, o mercadeo que facían deles, a participación de M$ no seu accionariado, a recente actualización dun binario chamado Skype tras ser mercado por M$ que, loxicamente,  aliouse con FB... Paro de envelenarme. Coidei a miña participación porque sabía que fuxiría. Por que? Por unha cuestión de estilos.

AGASOL asina o Acordo Atlántico

AGASOL

Organizacións empresariais e sociais relacionadas con Software Libre/Código Aberto de ambos lados do Atlántico formalizan a súa colaboración a través do
Acordo Atlántico

29 de Xuño de 2011

As seguintes asociacións empresariais e sociais do ámbito do Software Libre/Código Aberto:AGASOL

Distribuir contido