"Linux" rabuña outros tres supercomputadores máis ao resto de sistemas desde o pasado semestre, elevando a súa cifra total a 446, o cal supón o 89,20 % na lista top500.org agrupados por familia de sistemas operativos (Operating System Family).
Na súa evolución histórica atopamos "Linux" entrando nesta lista no primeiro semestre de 1998, tan só sete anos despois do anuncio na rede feita por un estudante finés nomeado Linus Torvalds.