SwL

Baleas, golfiños... e Software Libre

Probablemente a abafadora maioría estaremos de acordo coas actividades de Greenpeace na defensa das baleas, golfiños e a natureza en xeral. Admiramos a súa valentía e adicación porque, a pesar de beneficiarse toda a Humanidade, non todos facemos o mesmo: loitar pola defensa do ben común con tanta enerxía.

Evidentemente a outro nivel, pero igualmente en beneficio da Humanidade, é a enérxica defensa que facemos do Software Libre.

Para algunhas persoas é difícil comprender a intensidade e insistencia da nosa defensa. Difícil tamén é entender como unha lancha enfróntase a enormes barcos baleeiros.

Redes sociais, Sw privativo... un debate calquera

Esta é unha réplica dun construtivo debate que mantiven onte con +Fran Diéguez no meu perfil de Google+ a raíz da versión en galego do post Non uso Android senón LeeDroiD. Neste debate tamén entraron +Carlos Ces e +Tonio Castro.

Fran: O concepto de LibreAndroid xa existe e é precisamente no que se basean case tódalas ROM. O proxecto chámase AOSP (Android Open Source Project) mantido pola Google.

Non uso Android senón LeeDroiD

Un día deume por probar unha derivación de Android. Tiven que rootear o meu teléfono para descubrir novas versións derivadas: Cyanogen(mod), Pinky Desire, NeoPhyTe, AuraxTSense, CoolAceS, CoolSagaS, MIUIEs e agora un LeeDroid.

Non me pidas que che diga cal me gusta máis porque case seguro que direi que a actual. Non quero entrar en se unha é un chisco de décimas máis rápida ou que permite tal ou cal funcionalidade. E que máis dá! O que importa é que temos coñecemento aberto, compartido, libre... ao que logo lle agregamos capas de aplicacións, lamentablemente pechadas a maioría.

 

E agora nos preocupa a privacidade?

Si, preocúpanos a privacidade, a exposición de datos persoais, localización, costumes, pegadas na rede... Somos espiados!

Descúlpame. Criticarei severamente a quen agora se preocupa pola súa privacidade e a quen baixa a garda na defensa do Sofware Libre (SwL). Polo tanto, as críticas tamén me afectan.

A preocupación máis que xustificada pola nosa privacidade está comezando a elevar as consciencias do cúmulo de perigos que hai na Rede e dos inxentes beneficios que xeran a axentes intermedios. Cada vez somos máis os que presumimos de consciencia, sabemos que somos espiados. Con todo dixen literalmente 'comezando' porque aínda non é maioritaria esta preocupación, tan só brotou.

Android Nexus 6

Anunciará Google o Android Nexus 6 no 2019? É posible.

Limitarei a miña participación en eventos de SwL

Non sen pena hai pouco máis dun ano tiven que deixar de cumprir co meu tácito compromiso de publicar a lo menos un par de novas sobre Software Libre cada dia en AGNIX.org cando aínda asinaba como 'asennadas'. Desde agora tamén teño que limitar a miña intervención en eventos. Non quero pechar a posibilidade a facelo pero rexeitarei participar na maioría das oportunidades que se me presenten, algo que só deixei de facer en dúas e ben lembradas ocasións ao longo destes anos, ambas por imposibilidade real.É Senna no mollhando ruando prá cima...

LSWC: "Nos communitas sumus"

"Nos communitas sumus", "Nós somos a Comunidade". Isto é o que demostra a celebración da Libre Software World Conference.

banner LSWC A cancelación vinte días antes da data do evento considerado emblemático do Sw Libre en España foi o acicate para a Comunidade. Desde cero, só con voluntarios, sen cartos, xeramos un novo evento, na mesma cidade, na mesma sede e na data exacta.

Cando GNU/Linux dominaba o 90% das instalacións en PCs

É un conto de  ciencia-ficción que arrinca así...

Entendo ben cando alguén di que ten problemas ao pasar de GNU/Linux a Windows porque, con franqueza, decepcionoume ese tal Windows. Probeino pola insistencia dalgúns amigos que o empregan e aseguran que lles sorprendeu.

Pois ben, presto e rápido fun á web da tal Microsoft (unha empresa que desenvolve ela soíña todo o sistema, sabe o que necesitamos e todo iso ¡sen copiar códigos nin ideas de ninguén!). Busquei ata a saciedade e nada, foi imposible atopar como se baixaba unha copia do sistema. Esgotado e á beira da depresión pregunto aos meus amigos. Estupefacto quedei cando me din que 'o correcto' é mercalo. "Entón, será bo de verdade", pensei.

Mesas de dabate sobre SwL

Participei en dúas mesas de debate durante a pasada fin de semana. A primeira delas estaba máis enfocada no empresarial e a segunda no social.

Malasia acada o 97% na adopción de FLOSS

Malasia supera o 97% na adopción de SwL (Software Libre e de Código Aberto -opensource-) segundo pode lerse ao longo do documento que o Programa de Sw OpenSource do Goberno Malaio ofrece nas táboas de seguimento da súa Axencia OSS.

Malia ser unha cifra máis que respectable e a envexa de moitos gobernos, a meta dese goberno é aínda ben maior.

Distribuir contido