Consultoría

Planificamos e executamos proxectos integradores de tecnoloxías libres cos que acadará sistemas seguros, fiables e totalmente eficaces. Consultoría  

Integrando Software Libre

Conte coa nosa experiencia. Levamos integrado Software Libre tanto en entidades públicas como privadas, sempre con éxito técnico e humano. Aforrará.

Garanta a integridade e permanencia dos seus datos grazas ao emprego de Estándares Abertos para...

  • poder empregar os mesmos datos con diversas aplicacións, sen depender máis dun programa ou fabricante. Será independente.
  • poder establecer unha rigurosa política de control de acceso e copias de seguridade deses mesmos datos. A información sempre estará segura.
  • poder dispoñer deses mesmos datos, independentemente de cando e onde precise deles. Será eficaz.

Todos estos aspectos son fundamentais para cumprir coa "Ley Orgánica de Protección de Datos - LOPD".

Xestión de Sistemas

Analizamos, propoñemos melloras e xestionamos sistemas, sempre coa visión posta na optimización dos obxectivos da entidade.

Ao integrar Software Libre fará efectivo o traballo colaborativo, a xestión de proxectos, contidos, finanzas... sempre ao servizo da organización.

Optimización de procesos

Adecuamos as tecnoloxías ás súas necesidades, precisamente porque empregamos Software Libre e Código Aberto.

Ter acceso aos códigos fontes danos a capacidade de adaptar ou crear calquera solución ás necesidades existentes, sen límites técnicos.

O límite o pon vostede.