Navegación GPS sen conexión a internet con Android (I)

Supoño que nun breve futuro o Google Maps Navigation terá a posibilidade de ser plenamente funcional sen necesidade de conectarse a internet. Nese intre só teremos que planear a nosa ruta, descargar os mapas cunha boa conexión e sair de viaxe sen acceder a internet.

Mentras ese intre non chegue, velaquí os pasos que din:

  1. Instalar RMaps no móbil desde o Android Market. A aplicación é libre, licenza GPLv3.
  2. Seguir as instrucións do seu autor. Foime ben descargando TrekBuddy Atlas Creator da lista do propio desenvolvedor do RMaps. Tan só hai que descomprimilo, entrar no directorio creado e darlle permisos de execución ao arquivo start.sh.
  3. Para poder executar TrekBuddy Atlas Creator tiven que instalar o javasqlite desde código fonte, o cal requería tamén dos paquetes libsqlite3-dev e sun-java6-jdk existentes nos repositorios.
  4. Tras isto executo o tal arquivo start.sh. Selecciono unha zona dunha cidade e creo mapas desde o zoom 3 ata o 18 (para obter o máximo detalle achégate a 19 pero con coidado porque o tamaño aumenta exponencialmente). Do 3 ao 12 ocupan moi pouco espazo e serven para que poidas achegarte a túa zona en detalle.
  5. Elixín como fonte de mapas Google Maps e como formato BigPlanet. Renomea o mapa BigPlanet_maps.sqlitedb a o-nome-que-queiras.sqlitedb.
  6. Expórtao ao Android a /sdcard/rmaps/o-nome-que-queiras.sqlitedb (ollo, o nome do directorio é RMAPS).
  7. Para as viaxes entre cidades fai o mesmo pero sen tanto zoom, por exemplo, de 3 a 14 ou 15. É importante solapar os mapas que teñas para obter continuidade nos percorridos.
  8. Activa os teus mapas en Menú > Settings > User defined maps
  9. Comprobei o funcionamento xeral no Android, primeiro con conexión a internet situándome na cidade que gardei e logo desconéctome de internet abro o RMaps, menú/Maps elixo o meu mapa.

Nun seguinte artigo direi como importar os POI que teñas en Google Maps.

A ver cando Google fai ese botonciño offline

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

 

Comentarios

Outra alternativa

Outra alternativa é empregar gvsig mini (gvsigmini.org) que permite conectarse a diferentes servizos de mapas online e cachear a información para poder usala despois sen conexión a Internet. Claro que se perde todo o encanto de compilar paquetes e fedellar con sqlite ;-)

Xa a probei antes pero...

... pero aínda fáltalle bastante ata estabilizarse. Iso si, ten moi boa pinta.

E claro, se saes ao estranxeiro, prefiro pasar un tempo compilando (malia preferir obviamente non ter que facelo) que arriscarme a levar algo que non funciona aínda con total fiabilidade.

Toda unha currada

Hai que ver, por non ter a opción de offline, o traballiño que nos da. Eu non sabía que se podía facer tal co Google maps. Para estas cousas pensaba que as únicas opcións eran o Copilot, Sygic e simellantes. Probareino un día destos. Grazas polo consello.

Pois espera a ver o dos POI!

Pois iso, espera ver o dos POI porque hai que editar BBDD e algunha curiosidade.

Ás opcións que comentas (Copilot, Sygic...) son de pago, e tanto, bastante caras e, o pior de todo, seguro que tes que volver pasar por taquilla a cada tempo. O Navigator de Google vai moi ben por España se tes tarifa de datos. O problema xorde cando queres sair ao estranxeiro e as tarifas telefónicas a aplicar son as de 'roaming'. Daí todo este tinglado :-)